Negra sombra que me asombras
Escribo estas liñas a poucos minutos de que os meus negros presaxios se podan facer realidade. Un dos equipos que peor fútbol practica pode gañarlle a liga ao mellor once titular de Europa e á mellor plantilla da liga nesta xornada. Dúas estrelas, Casillas e Van Nistelroy, un par de promesas do fútbol mundial, Robinho e Ramos, supostos cracks postos en evidencia (Raúl, Emerson, Roberto Carlos, Cannavaro…) liderados por dous xogadores que non serían titulares nos seus rivais, Beckham e Guti.
Aquela semana na que Frank Rikjaard se suicidou coa peor liña defensiva posible en Anfield e no derby marcou o comezo dunha remontada que pode durar ata a última xornada. O Zaragoza de Víctor Fernández é un equipo capaz de facer o mellor fútbol da competición… e de decepcionar rotundamente cando se espera algo deles. E a pesar do excelente fútbol do Espanyol de Valverde, con Juande Ramos o mellor entrenador español da temporada, o Camp Nou seguramente será argumento suficiente para que algún dos cracks blaugrana marque a diferencia. Por último o Sevilla pasarao mal ante un dos equipos máis fortes defensivamente do campionato. Sen embargo a casta dos andaluces é o seu mellor aval neste tipo de situacións.
Así e todo seguramente esta xornada só sirva para forzar a prórroga dos nervios e a emoción. Algo bo para o fútbol pero malo para a miña saúde.


