Un minuto na vida
O sábado pasado a Liga plaxiou unha película dos irmáns Coen: Crueldade Intolerable. Ese minuto fatídico pasará á historia do fútbol español a menos que Goyo Manzano se confirme como anticristo blanco (lémbrese o 1-5 de aquela tarde gloriosa de Eto´o no Bernabeu). Sen embargo a xornada 37 foi unha síntese desta competición: o Madrid xogou fatal, veuse superado en xogo polo rival e por costume e inercia acabou gañando no segundo tempo cando Capello decidiu poñer a Guti. O Barcelona sería campeón virtual a estas alturas se resultase contundente e ofrecera algo máis ca súa santísima trinidade de xenios que nesta temporada se resume en só un. E o Sevilla, tan brillante na copa da UEFA e na do rei volveu fallar cando se podía facer capitán xeral. Visto así todos teñen o que se merecen.
O Celta na miña opinión non merece estar en primeira división. Si por plantilla pero o seu xogo resultou tremendamente lamentable a súa irresponsabilidade fóra de toda dúbida. Stoichkov non achegou nada e incluso empeorou o que ía ben como por exemplo quitar momentáneamente a Pinto da portería ou poñer a Núñez de titular. O Dépor, pola súa banda, que se contente con que en vez de saltarlle un nudista espontáneo no campo non irrumpa un Cobrador do Frac.
Ziganda é o gran triunfador da xornada. Despois de que Albelda insinuase favores entre os veciños de Euskal Herria os do Reino de Navarra gañaron a pesar dos asubíos do seu propio público. Agora veñen de golear ao Betis que esta aí, como ben se puido ver polos árbitros, e o Valencia do violento mediocentro internacional español caeu tamén estrepitosamente ante os seus veciños. Curioso non?
Será capaz de amosar que despois de Zapatero é o home máis afortunado de España? Conseguirá salvar á Real? Esas bágoas de Savio non poden ser en van…



[…] outras cousas porque xa o dixen neste mesmo blog: a victoria do Madrid demostra que os equipos bos non estiveron á altura. “Na mediocridade […]