Paranoico Alonso


Alonso e HamiltonCría que só había unha cousa máis salientable en Fernando Alonso que a súa habilidade ao fronte dun volante: a súa arrogancia. Sen embargo creo que as súas últimas declaracións denunciando o apartheid que o suxuga en MacLaren sacan á luz unha faceta paranoia digna de Philip K. Dick.

Alonso nunca se sentiu cómodo polo equipo polo que asinou un ano antes e que significou a traición ao seu padriño na Fórmula 1. Por que cambiou logo? Tivo un ano para cambiar de idea mentres vía como Kimi rompía o motor e Montoya saía da pista. Ron Dennis favorece de xeito claro a un piloto descoñecido antes ca el que é unha fichaxe multimillonaria e o actual campión do mundo. Parece dubidoso.

Pero o peor de todo É QUE NON SE QUEIXA!!!! Neste punto só se merece os tabloides inglesas e os seus sabios titulares (agora di que a prensa española ten máis respecto, antes dicía que ninguén-salvo el-sabía de Fórmula 1 en España): Big Baby Alonso

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Todo é posible (polo de agora)
Un minuto na vida

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

No cabeceiro, ¿quen é o segundo pola esquerda?

Cando menos a Fórmula1 permitiunos ter unha alegría deportiva a pasada fin de semana. Esa, e o Racing. ¿Por que ninguén fala do Racing?