Todo é posible (polo de agora)


A anteriormente coñecida polos medios deportivos madrileños coma a peor liga dos últimos 20 anos é agora a máis emocionante. Gustaríame ser Leonard Cohen para cantarvos “Everybody knows that Real Madrid is going to win this league”. Se non é así deberían canonizar a Frank Rikjaard. Capello, hai que admitilo, xa amosou que é o entrenador italiano con máis sorte, o que constitúe unha frase con demasiados superlativos. Só así me explico o pesadelo que vou vivir.

Tamén estou bastante convencido do descenso do Celta. Creo que é un equipo tradicionalmente orientado a decepcionar aos seus afeccionados e, ademais, depende do resultado negativo de dous equipos con non menos entidade ca os vigueses. Unha pequena parte do meu ser, a que cre nos miragres e nos políticos, pensa que Lotina ten opcións reais de superarse a si mesmo. De non ser así seguramente acabará sendo entrenador dos coruñeses. Unha pequena, penso, alegría para os coruñeses entre tando disgusto.

De aquí ás once da noite só me quedan unhas 7 horas autoenganándome ata que Van Nistelroy ou Ramos meta o primeiro gol. Será difícil evitar os informativos e os xornais deportivos. Resultará misión imposible non indignarme coas declaracións do senvergonza presidente do Real Madriz. En fin, menos mal que veñen as fichaxes e a Copa América…

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
A lóxica do absurdo
Paranoico Alonso

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

Non é por poñerme negativo, nin ser gafe (como sempre), pero ás 22:12, estou seguro (vós tamén o estades) de que todo vai acabar mal. É inevitable