Infiltrados


Pedrag MijatovicO director deportivo, polo de agora, e heroe da Sétima, na súa peor temporada se non contamos aquela do Levante, do Madrid traballa para o Barcelona. É un infiltrado de Laporta na Casa Branca ou se non non se explica a súa lista “A” de fichaxes:
-Saviola (xa cazado): O gafe culpable da derrota do Barça na liga. Sempre pensei que o gafe era Gabri (e ségueo a ser, perderon a liga no último partido por un gol de diferenza co PSV) pero foi o retorno do pibito o que diferenciou as temporadas dos títulos desta.
-Makelele: Foise de malas maneiras do Madrid e agora no seu declive físico, algo impensable a priori, terá que vir a competir co posto con Diarra. Ten moito máis fútbol que todos os outros mediocentros sen embargos.
-Heinze: Defensa de carreira curiosa, debutou en Europa co Valladolid, non creo que sexa mellor lateral que Miguel Torres e seguro que é mellor central que Cannavaro pero.. quen quita de aí ao décimo xogador mellor pagado da liga?
-Dudek: Un dos grandes responsables de que o Liverpool non gañara máis cousas nestes anos. Un porteiro que tería difícil a titularidade nos quince primeiros equipos de España. Non sería mellor ter a alguén do filial?

Os madridistas non se deberían preocupar porque, non sei se Calderón ou Florentino, introduciu a un poderoso virus no Barça de nariz aguileña e reducida estatura. Cada decisión de Txiki Beguiristain en materia de fichaxes é un canto de amor merengue senón admiren a lista do que fichou desde que botaron a Rosell (volve Sandro): Ezquerro, Van Bommel, Gudjohnsen (querían a Forlán), Thuram, Zambrotta… E na primeira temporada fixo unha aposta por Mario central que, agora si, triunfa no Recre. Non contento con iso ten unha obsesión por largar aos brasileños, non só aos malos.

Por certo, quen fichou a Henry?

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Rei de copas
Lothar ten razón

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

¡Sé o primeiro en deixar un comentario!