¿Oden ou Durant? ¿Durant ou Oden?


Ao final non houbo grandes sorpresas no draft 2007, celebrado o pasado 28 de xuño no Madison Square Garden de New York. Greg Oden, proclamado xa pola prensa especializada como o pivot dominante dos vindeiros anos na NBA en sustitución de Shaquille O’Neal, foi elixido co número 1 polos Portland Trail Blazers. Non vou a ser eu quen poña en dúbida a calidade de Oden, unha forza da natureza que acumula tan só un 7% de graxa no seu corpo -cando a media en xogadores da súa estatura ronda o 12%-. Ademais posúe unha gran capacidade de sacrificio e moitas ganas de traballar. Sen embargo, a súa actuación na pasada Final Four universitaria deixoume algunhas dúbidas, en canto aos enfrontamentos directos con outros centers. En semifinales, Ohio State, con Oden á cabeza gañoulle a Georgetown, pero a diferencia non a marcou o xa compañeiro de Sergio Rodríguez; Roy Hibbert, o “5″ dos Hoyas superouno en todas as facetas do xogo (Hibbert, por certo, ao contario que Oden e que o seu compañeiro de equipo Jeff Green, decidiu agotar o seu periplo universitario para gañar a Final Four). Xa na final, Oden tampouco se amosou moi superior ao pivot dominicano Al Horford (número tres do Draft).
O flamante número 1 do Draft de seguro que terá un brillante futuro na NBA. Sen embargo, na miña opinión, o espigado Durant acadará, canto menos a curto prazo, un maior impacto na mellor liga do mundo. Trátase dun xogador letal, que conta cun gran tiro, unha rapidez impropia para a súa estatura e un instinto asesino que o fai destacar mesmo en tiros de longa distancia (os seus números como freshman, 26 puntos e 11 rebotes, recordan aos de Carmelo Anthony). Obsesionados como están polo apartado físico, algúns analistas e técnicos afirman que a súa fraxilidade física pode ser un problema, e ven complicado que poida gañar musculatura no tren superior. O mesmo dicían algúns de Pau Gasol, e aí está. Está claro que non é un xogador que se basee no seu físico -polo menos non na forza bruta-, pero calidade ten a raudales. Vamos, que o meu número 1 particular deste Draft xogará en Seattle: Kevin Wayne Durant.

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Ti a Memphis eu ao Barcelona
Mundial sub-sub 20

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

O tempo porá a cadaquén no seu sitio pero seguramente Portland tivo medo de que lle pase como lle pasou a Detroit no draft de Lebron James, Carmelo Anthony e Dwane Wade no que o equipo da Motown elixiu ao fracasado Goran Milicic.

E como se chamaba o tipo que quedou por diante de Jordan?

A verdade é que é imposible saber se un gran xogador universitario triunfárá na NBA. Eu non vin un xogador tan superior aos outros coma Chris Jackson (logo coñecido como Tariq Abdul-Wahad, e despois non demostrou todo o que prometía.
O xogador que quedou diante de Jordan foi Sam Bowie. Naquel intre non parecía tan mala elección. Bowie fixo na súa última campaña en Kentucky 28 puntos e 18 rebotes de media. Paréceme moi inxusto para Bowie a súa fama de “fraude”. Era unha elección bastante lóxica: Portland necesitaba un pivot e tras ser elixido número 1 Olajuwon por Houston e contando xa con Drexler nas súas filas, parecía unha boa idea. Desgraciadamente para él, os seus xeonllos estaban feitos de cristal de bohemia e o seu paso pola NBA foi un tortuoso camiño cheo de incidentes. Como para todo, fai falla sorte e non só talento

Abdul-Wahad non se chamaba Olivier Saint-Jean?

Creo que Oden é un valor seguro, non é Olajuwon, pero un pívot tan forte coma el ten un sitio na NBA de por vida.

Estimado David Holm
Benvido á Padiola Mecánica. Rectifico, efectivamente Tariq Abdul-Wahad chamábase Olivier Saint-Jean (gran nome tamén). Por un lapsus mental puxen Abdul-Wahad cando me refería a Mahmoud Abdul-Rauf, un talento extraordinario que con Lousiana batendo records coma o de anotación dun novato (55 puntos contra Florida)xa no seu quinto partido. As súas estatísticas foron máis que dignas na NBA, pero lonxanas do que prometía xa no seu instituro en Mississippi. O seu maior momento de gloria foi cando se negou a escoitar o himno norteamericano de pé, feito que lle valeu unha multa e a conseguinte sanción. Por certo, aínda xogou este ano a Euroliga co Aris de Salónica.

Todo o que estou a ler sobre Durant sinala a unha dirección: é unha pasada. Como dicía un artido, cando falas dun xogador que podes comparar con McGrady, Jordan, Kobe e/ou Garnett (ou todos ao mesmo tempo) e as comparanzas semellan verosímiles, cando todas esas referencias son acertadas e ninguén bota as mas á cabeza á hora de facelas, é que estás diante dun tipo realmente grande.
A putada: Seattle está desmantelado (fora Ray Allen, fora Rashard Lewis, sen nada a cambio), Durant perderá moitos máis partidos que Oden e tardará dous anos máis (salvo sorpresa) en xogar play offs.
Vello prexuicio de escoller ao grande antes que ao pequeno (aínda que neste caso, o pequeno mide 2.10…)