Ti a Memphis eu ao Barcelona


Rudy and Navarro, ÑBAMarcha a Bomba Navarro a Estados Unidos sen medo ás duras medidas antiterroristas a compartir equipo co seu amado Pau. Os Grizzlies xa sinten o efecto positivo da súa chegada xa que Gasol fica no equipo sureño. Habería que reflexionar se os equipos de deporte profesional viven demasiado pendentes de compracer ás súas estrelas, aínda que no caso do catalán se trate dun tipo inexplicablemente sensato.

Pode o escolta do Barça triunfar na liga máis dura do mundo? Teño as miñas dúbidas. Navarro é moi de non meter ningún punto ata o terceiro cuarto e acabar con quince ou dezaséis. Na NBA non vai ter tantas oportunidades de minutos así que cómpre que acade unha regularidade que nunca tivo.

Por outra banda os caprichos do Draft fan que a estrela do Jouventut, Rudy Fernández non poda saltar o charco e deba agardar a oportunidade. Entrementres terá que conformarse con ir ao Barça a suplir a Navarro ou a outros grandes do baloncesto FIBA como Olimpiakos, CSKA ou Panathinaikos. Como diría Chimo Bayo creo que “exte si” triunfaría na NBA por xuventude e explosividade de xogo. Un bo revulsivo para un equipo cheo de troncos musculosos.

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Entre defensas anda o xogo
¿Oden ou Durant? ¿Durant ou Oden?

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

Non creo que Rudy se mova de Badalona este ano. Jordi Villacampa xa dixo que se o queren levar han de pagar os 3 millóns de €, de feito era case o único que podía dicir aínda que para as arcas (sempre estreitas) do club un arranxo sería cousa boa, a afección non lle perdoaría ó presidente que lle dera facilidades para marcharse ó eterno rival.

3 millóns para calquera equipo de baloncesto (tal vez os xigantes europeos que nomeas chegarían) ACB son moitos, só serían asumibles polos “equipos de fútbol”. A relación entre Rudy e o Madrid foi tumultuosa dende hai tempo pero chegou a cotas importantes na semifinal ACB polo que aínda que o Madrid necesita varios fichaxes importantes (teñen a F4 este ano e o anfitrión nas últimas edicións sempre tivo equipo para loita-lo título), non parece unha opción real. O Barcelona necesita de un 2, o mellor 2 que queda en Europa e Rudy, pero Rudy quere marchar a NBA canto antes, este ano non poderá ser (increíble que un xogador como Marco Belinelli puidera quedar por riba no draft) porque sendo o 24 non tería suficiente co seu soldo para liquidar a clausula de escape de 2 millóns. Pero ó remate do curso baloncestístico que está por comezar sería un xogador libre con todas as facilidades para da-lo salto. Non creo que o queira postergar máis e o Barcelona non vai pagar 3 millóns (máis o soldo) por unha temporada.

Noraboa polo sitio, ten boa pinta (aínda que apareza na cabeceira van Bronckhorst… XD), pasareime con asiduidade.

Sobre o que comentas:

Estou de acordo co teu enfoque. Non me estrañaría que Rudy chegara algún tipo de compromiso para permanecer un tempo máis na Penya a cambio de que o ceibasen despois dunha ou dúas temporadas.

Sobre os inmerecidos halagos:

Grazas de verdade en nome dos Fournieur. Ao igual que Xeración estamos dando os nosos primeiros pasos con certas inseguridades e tentando definir as nosas loucuras e de verdade animan.

Sobre Deus:

Pode que tamén estea de acordo contigo. Os musulmáns non permiten representacións gráficas de Alá.

Sobre Deus:

Era para picar un pouco, porque xa vira a sentida entrada sobre a marcha celestial. Confío en que a Eirexa do vanBronckhirstmo teña máis sentido do humor que cristiás e musulmás.

A Igrexa de Gio baséase no ben e no amor, coma a cristiana ou musulmá, e ten a súa cidade santa na inmortal Rotterdam. A diferencia coas outras igrexas é que cumpre o seus preceptos.