Gustavo non se merece iso
Pensabamos que o Mouriño malo era o do Chelsea, Jose, mais non. No fondo sabemos que fai o pallaso para manter illado aos seus futbolistas da presión (Recordades algún escándalo dos seus xogadores desde que está el). Se ata foi ao trullo polo seu can!
O Mouriño malo é Carlos Manuel, o presidente do Celta, que, en represalia pola non renovación de Gustavo López vén de publicar o que cobrou estes anos. É unha falta de respecto ante o único xogador que a pasada temporada deu a talla no equipo de Vigo.
Disto bastante de ser Celtista pero creo que é Gustavo un xogador que desperta a admiración da bancada rival como Mauro Silva no dépor, Casillas no Madrid e Ronaldinho ou Iniesta no Barcelona. Resultou emotivo ver a garra e o pundonor que un xogador que non ten físico para máis de 70 minutos entregaba a última pinga de suor no último partido contra o Getafe.
Postos a xulgar quen fai mal ao Celta e quen foi neglixente deberiamos dirixir a ollada cara o presidente que o colleu en UEFA e o descendeu ou o mandatario que destituiu aos artífices dos éxitos recentes coma Félix Carnero. E por seguir tirando do fío como pode alguén implicado de cheo nos escándalos urbanísticos de Nigrán poñer en dúbida a hornadez e profesionalidade de ninguén.


