Pérez Galdós en Venezuela, Ray Bradbury en Canadá


Brasil-Arxentina na final da Copa América. Alguén o agardaba? México e Uruguay non puideron dar a sopresa e os cuartos de final amosaron que hai dúas seleccións A, dúas seleccións B e o resto son Z, tal como denotan as diversas goleadas que recibiron Venezuela, Chile, Perú e, a selección que sempre trae goles nos seus partidos, Paraguay. Certo é que Brasil é como o Madrid desta temporada, quizais Robinho estendeu o espirito capellista, malos partidos e victorias seguras. Pola súa banda Arxentina é máis como o Barcelona de hai dúas temporadas quizais porque calquera equipo ten fácil gañar cando conta cun tal Messi. Por xogo Arxentina merece gañar sen xogar a final. Visto o visto nesta etapa escura do fútbol mundial o máis probable é que gañe Brasil B.

Xogadores españois protagonizan peli de ciencia ficciónSe o torneo de Venezuela podía ser unha novela de realimsmo determinista escrita por Galdós o que aconteceu o outro día en Canadá é máis propio da ciencia ficción de Ray Bradbury. Imaxinade o seguinte: cuartos de final de Suráfrica 2010. España vai perdendo 2-0 rozando o descanso despois de dous goles de Kaká e Ronaldinho cando Puyol mete un gol que supón o comezo da remontada que culminaría Xabi Alonso cun gol de falta no minuto 83. Xa na prórroga España arrincona á Canharinha cun vendaval de xogo e Torres e Villa dan o pase ás semifinais. A min paréceme ciencia ficción aínda que acontecese no mundial sub-20.

Unha pregunta para padioleiros a ver se alguén ma sabe responder. Por que Alemaña e Italia nunca chegan a nada en categorías inferiores?

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Mi noche triste
Gustavo non se merece iso

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

Ningún xogador fai doada a vitoria do seu equipo polo simple feito de xogar (a proba con ese xogador e seu club nesta mesma temporada), é certo que ter xogadores da calidade de Messi axuda (sempre e cando non teñamos outros compañeiros que o poidan anular, tal vez lle suceda ó Barça o vindeiro ano?). Por outra banda un xogador si que pode delimitar a forma de xogar dun equipo, como é evidente no caso de Riquelme, nos equipos polos que pasou (salvo no Barcelona que non parecían saber o que fichaban) o xogo centrouse nel. Pero isto non ten necesariamente porque significar algo bo ou algo malo, sen Riquelme Arxentina xogaría doutra maneira coma o fai o Villarreal dende que falta (e nos últimos tempos a cousa foilles moi ben).

Vexo claro favorito a Arxentina A aínda que Brasil B demostrou ter a suficiente pegada coma para dar algún susto que outro. Espero que gañe “la albiceleste” porque non é bo para o fútbol que saia campioa unha selección adestrada por Dunga.

Sobre a gran pregunta… Antes de nada cabería preguntarse que teñen en común ambos equipos: un estilo de xogo ben definido e o rigor táctico. Isto conséguese con anos de traballo sobre un mesmo bloque.
As seleccións inferiores non teñen esa continuidade, rapaces que van quedando polo camiño, xogadores que por idade teñen que saltar á categoría seguinte namentres outros compañeiros aínda quedan, concentracións curtas… as condicións non son as axeitadas para desenrolar o seu tipo de xogo e non son países que destaquen polos seus talentos individuais, todo o contrario ó fútbol de rúa de Arxentina e Brasil ou os equipos africanos de futbolistas talentosos (non tanto coma os sudamericanos) e fisicamente moi fortes (segundo baixamos de categoría a diferenza física faixe máis notable), estilo similar ós equipos de Centroeuropa (Polonia, Austria e Rep. Checa), que basean o xogo no físico e na habilidade das súas estrelas. Francia (que non foi a Canadá) e España, teñen boas estruturas de base que se traducen en seleccións moi competitivas.

Saúdos

O de que España ten seleccións competitivas supoño que te refires en categorías inferiores…

Estráñame de todos os xeitos o caso alemán porque teñen un físico moi poderoso e seguindo a regra de tres de Centroeuropa podían tamén comerse algún rosco, non?

No tema de España estaba falando do fútbol de base, que tacticamente dista moito do profesional. Se España non consegue trasladar eses éxitos á absoluta é porque non teñen un estilo de xogo definido, non fan bloque (formando un equipo con nomes) e iso competindo con seleccións minimamente organizadas non concede a menor oportunidade.

Aínda que estean moi preto as seleccións centroeuropeas que comentaba non se parecen demasiado a Alemaña, dan máis espazo a creatividade dos seus xogadores pero iso que tan bos resultados lles dá cos rapaces non resulta cos maiores. Exemplo claro a Rep. Checa de Inglaterra, que cun equipo moi disciplinado tacticamente, sen lugar para o talento (o único que tiña algo de liberdade era Poborsky), plantouse na final e nos últimos anos unha selección moi talentosa e vistosa (pero tacticamente menos traballada) obtivo peores resultados (aínda que eu quedo con esta última). Tamén é certo que Polonia e Austria xa hai tempo que non sacan talentos coma os dos setenta.

ZtyY9a bnnLst19hdY6llAd3fg6