Mi noche triste
Coma o primeiro tango entonado por Carlos Gardel, onte foi unha noite amarga para millóns de arxentinos. Brasil “B” pasaba como unha apisonadora por encima dos grandes favoritos para facerse co triunfo nesta Copa América. Non sei que pensar de Arxentina, nos últimos 20 anos -despois do Mundial de México- son un equipo neurasténico, ciclotímico e falto de identidade. Onte, eran os barsileños os que perdían tempo, cosían a patadas aos contrarios e dominaban e practicaban un xogo suxo máis propio do equipo austral.
Acostumada a concebir grandes esperanzas e a presentarse a todas as grandes citas futbolísticas coma unha das seleccións favoritas, os arxentinos estanse acostumando ao fracaso. Ante o único rival que lles plantexou certas dificultades (o xogo de México, atractivísimo para o espectador, resulta un tanto inxenuo ante Arxentina ou Brasil) foron incapaces de por en perigo a portería defendida por Doni. Na práctica totalidade dos encontros que disputou os goles viñeron grazas a xenialidades dos seus mellores homes (Riquelme, Tevez e, especialmente Messi). Onte ese home de dudoso gusto futbolístico e estético chamado Dunga teceu unha tea de araña que asfixiou ás estrelas da albiceleste.
O preocupante para Arxentina, na miña opinión, aparte do feito evidente de que perderon ante un Brasil sen Ronaldinho, Kaka, Ronaldo, etc. é que Brasil lles pasou por enriba usando as armas que caracterizaron o xogo de Arxentina: loita, espíritu competitivo, manexo do xogo subterráneo, presión asfixiante, orden defensivo e imaxinación arriba. ¿Estamos, xa que logo, ante o fin dun modelo? Se Brasil xoga a velas vir, por qué non pode xogar Arxentina ao toque? (e sen Verón, por Dios).


