O peor que lle podía pasar a Brasil en Venezuela


Dunga, o inimigo do fútbol brasileiroSeguramente a victoria foi o peor que lle puido acontecer ao fútbol brasileiro na última Copa de América. Tanto que o mellor para todos, salvo para el seguramente, é que Carlos Caetano Bledorn Verri “Dunga” demitise e deixase o seu posto a un entrenador que non convertise a Brasil nun pesadelo saído da segunda italiana.

Se repasamos o torneo o único partido no que gañou con autoridade e despregando un relativo bo fútbol foi a final ante unha Arxentina que se colapsou tentando avanzar polo medio, non tiña ningún interior ou extremo puro, ante unha selección chea de clónicos do seu seleccionador tipo Gilberto, Mineiro, Josué… Realmente Dunga foi símbolo dun relevo xeracional ao trocar o concepto clásico de centrocampista brasileño. Agora non o asociamos a xente como Diego ou Anderson senón máis ben a pulmóns como César Sampaio, Kléberson, Emerson ou similares. A mistificación de Dunga resúltame especialmente molesta cando ao seu carón si tiña a un fenómeno do fútbol. Un xogador de corte exclusivamente defensivo pero perfecto: Mauro Silva. Quizais o estilo fuerrilleiro de Dunga prendeu máis nos brasileños que nunca amaron ao 6 do dépor, elegante ata o final, tanto como deberan. De todos os xeitos aquí van algunhas razóns polas que Dunga debería marchar para a casa:

*Promove unha tendencia xa sinalada no fútbol brasileño na que se aposta por un equipo moi físico que viva da individualidades de tres xenios arribas como a peor Juventus. Ao seu carón Scolari parece Cruyff.
*A pesar de que non foron por propia vontade, algo que como xa sinalei desacredita á Copa América, Kaká e Ronaldinho parecen ser imprescindibles en calquera equipo menos neste. Aquí Mineiro é o importante.
*Tamén é o único preparador do universo que non pon a Alves de titular. Tivo a sorte da lesión dun compañeiro igual que ante Chile polo que el so solucionou o partido. Se non fose pola fortuna de aquel gol tempraneiro de Baptista e a entrada do bravo lateral hispalense de que estaríamos falando agora?

Se Parreira perdeu por meter os mellores na súa peor forma Brasil perderá a outra xeración dun brillo infinito porque Dunga prefire poñer aos peores na súa mellor forma. Benítez fai o mesmo e gaña títulos pero Brasil é un patrimonio dos que nos gusta o fútbol. O peor que lle podía pasar á Canarinha é que dun xeito tan engañoso e triste conseguir unha victoria que hipoteca o seu futuro nas mans dun entrenador que semella odiar o seu propio deporte.

PD: Se Arxentina perde contra uns brasileiros tan malos onde andará a súa autoestima.

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Canteiras
Mi noche triste

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

¡Sé o primeiro en deixar un comentario!