Ídolos hispánicos
Non hai nada como uns bos ídolos hispánicos para humedecer con sangue as plumas dos xornalistas madrileños. Onte tiveron unha de cal co cabaleiro da pista Alonso e a eterna promesa que non vale nada Sergio García.
Se un conductor co que acabásemos de ter un altercado ao tentar adiantarnos a gran velocidade na estrada mollada saíse do coche e comezase a facer xestos sinalando a rozadura que se fixo co noso coche e sinalando para a rozadura cando estivo a punto de matarnos coa súa temeridade pensaríamos que o tipo é un pailán. Cando se trata de Alonso todo se deforma de xeito grotesco. Agora resulta que Massa non sabe perder. Que terá ver o, lexítimo, apoio a un corredor de país con recoñecer que o seu comportamento foi o dun delincuente xuvenil?
Por outra banda o gran rival de Tiger Woods (na brisca) foi criticado por vestir coas cores do imperio. Volvamos xogar ao rol. Un xogador de golf- poñamos de Xamaica coa que simpatizamos pola súa política exportadora- que fose ao campo con máis tradición do nobre e aristocrático campo vestido coas cores da súa bandeira nacional. Como mínimo calificaríamolo de hortera. Pois non debemos deixar de facer o mesmo con Sergio García. Ademais este tipo só sae do seu letargo para perder algún torneo no último momento.
O periodismo deportivo debería buscar ensalzar aos bos deportistas e non unha carreira de avenedizos. Dígoo como afeccionado, que non disfruto nin me informo coa política informativa forofa dos periódicos madrileños e cataláns.



E aínda te quedas curto nos calificativos que lle dedicas a Alonso…