Guti seguidor de Nietzsche


Guti, eterno crack suplentePensaba que Calderón e Pedja eran homes de letras. Calderón por ser avogado e Pedja porque non o vexo capaz de facer unha integral e si de asinar autógrafos, ter sido unha estrela no seu día é a mellor academia. Sen embargo agora revélanse como xenios capaces de transformar as matemáticas tal como as entendemos.

A saber: se Arjen Robben valía 33 millóns e o Chelsea declarou recentemente que Ballack valía 40 como é posible que a suma de ambos valla 45? Quizais a resposta non estea nun cambio de paradigma aritmético senón na xa probada capacidade embaucadora de ambos persoeiros. Sport (vale non é a fonte máis imparcial) facíase eco de rumores portugueses que apuntaban que o polémico Pepe non valería 30 senón 12, un prezo máis acorde co mercado, e que 18 deses millóns irían destinados a pagar unha débeda do Chelsea pola fichaxe, long time ago, de Ricardo Carvalho.

Se sumamos eses 18 aos 40 saenos unha cantidade total máis próxima á realidade. O caso é que o modus operandi da dirección do Real Madrid queda en evidencia.

E Guti que ten que ver con todo isto? Pois primeiro que a exhibición do de Torrejón, os seus 20 minutos de toda a vida, contra o temible equipo ferroviario ruso facían innecesaria a contratación dun conductor do xogo (Kaká, Cesc, Snejder, Ballack, Nasri, Iniesta, Riquelme… De La Peña!). Ao día seguinte anuncian que van traer ao centrocampista alemán e claro, Gutiérrez rememora os tempos nos que lle traían a un tipo cada ano para cubrir a súa posición.

Entra dentro do posible, a vida dun futbolista profesional resulta moi absorbente, que o loiro do Madrid non tivese oportunidade de ler a Friedrich Nietzsche. Polo tanto descoñece a teoría do Eterno Retorno que leva a que el sexa, nesta orde:

*Ameazado por un posible traspaso.
*Redescuberto na pretemporada.
*O seu xogo desperta dúbidas.
*É suplente.
*Gáñanse unha serie de partidos importantes entrando el na segunda parte.
*Recuperada a titularidade pasa desapercibido é expulsado por protestar ou por unha agresión no centro do campo. A grada pide a súa suplencia e chámalle “Mariguti”.
*O Madrid entra na súa peor racha da temporada. O entrenador, dadas as baixas, dálle entrada nunha posición inusual na que triunfa. Guti pasa a ser o favorito do Bernabeu.

Non vou dicir desde que teño uso de razón, porque posiblemente estou desposuído dela, pero desde que podo lembrar a súa carreira é así. Guti é un bo xogador pero non é un crack. Ten máis sitio ca Raúl, por exemplo, e aporta cousas pero o peso do equipo non pode recaer nel. Perxudícalle a súa imaxe dado o perfil troglodítico do Bernabeu que acepta a metrosexualidade nun británico e non nun español. Os ultradereitistas cos que vemos o fútbol no bar póñense frenéticos cada vez que toca o balón. Dado o aprezo que teño polo Madrid penso que Ballack é unha gran fichaxe pero que Riquelme sería mellor. O que é seguro é que Guti perderá (e recuperará a titularidade).

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Da mesma madeira
Un equipo comprometido

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

¡Sé o primeiro en deixar un comentario!