Da mesma madeira


Describiría a Hamilton como arrogante, egocéntrico, megalomaníaco, ultracompetitivo, infantil (como eses astros de balón chupóns e protestóns do Alonso adica un bico aos seus fanspatio do colexio) un individuo que descarga as culpas nos demais ou nos elementos á hora da derrota mentres que os méritos da victoría son exclusivos del. Un tipo despreciable, egoísta, nacido para un deporte individual (tenis?) no que a victoria dunha carreira non dependa das máis de 60 persoas que traballan contigo e no que non teñas un compañeiro que comparta contigo a gloria. Se a isto lle engadimos un talento innato para a pilotaxe que o leva a ambicionar non gañar unha carreiriña por aí senón ser campión mundial e unha prensa patria forofa e falta de rigurosidade estamos botando na pota todos os ingredientes para o girigay.

Non habería tal problema se Alonso non fose como Hamilton. As palabras do piloto británico ao seu patrón se ben, como afirmou a prensa madrileña, serían motivo de despido na miña empresa non menos certo é que igualmente grave é acusar de conspiración na túa contra aos compañeiros de traballo ás dúas semanas de comezar a traballar. Por outra banda tal conspiración non ten sentido. Hamilton, si, foi apadriñado por Ron Dennis desde os 11 anos (cría corvos…) pero non deixa de ser unha promesa que se destapou antes de tempo. Sen embargo Alonso, cun gran salario, e bicampeón do mundo representa un investimento que hai que amortizar así que se Dennis realmente desexase o triunfo dun sobre o outro o asturiano debería ser o beneficiado. Só a nacionalidade de Lewis o salva do ostracismo.

Ao respecto da polémica húngara se obviamos a evidente responsabilidade de Hamilton ao desobedecer as ordes de equipo non podemos ignorar que Alonso se excedeu na parada provocando a Hamilton coa súa bravuconería e falta de nobreza habitual. Pode ser que como afirma o gran amor de Antonio Lobato ninguén fale con Hamilton. Estrañaríame moito máis que alguén fale con el.

A solución… Facer como en Ferrari, ou no Renault do ano pasado, ter un piloto estrela e un gregario. Deste xeito asegúraste que os dous non acaparan os primeiros postos carreira tras carreira e evitarás estes problemas. Iso ou ter un campión tan tranquilo como Kimi Raikonen que baixa dun Fórmula 1 como quen baixa dunha hamaca.

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
O Spanish Freak de Benítez abre a temporada en Inglaterra
Guti seguidor de Nietzsche

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

¡Sé o primeiro en deixar un comentario!