Que será, será…?


A LigaComeza a liga 2007-2008 traendo esa emoción que nos fai falta para superar a semana laboral e a Rajoy dicindo tonterías no telediario. Os Fournieur faremos en breve de pitonisos e vos ofreceremos as nosas prediccións para o vindeiro ano. Entrementres a análise da liga tráenos un derby madrileño marcado polas fichaxes cargadas de ambición no Atleti e de tolería no caso merengón (aínda que non exentos de calidade e non digamos se ven Alves). Dado o sino maldito do pupas da competición española e a maxia negra que Calderón e Mijatovic imprimen á casa blanca o esperable sería un empate sen descartar a victoria de Schuster.

O Barcelona debería ter un comezo plácido no Sardinero contra o Racing, que apunta a volver ser equipo revelación, consciente de que o seu verdadeiro inimigo reside no Nou Camp. A xestión da plantilla no psicolóxico, a especialidade de Rijkaard, e no físico, dígase o que se diga falta algún xogador, serán as claves.

O Sevilla volverá amosar a súa profesionalidade a proba de bombas e vencerá sen problemas ao Getafe que, de seguro, non terá problemas para manterse. Os aspirantes valencianos Vilarreal e Valencia xogan no outro encontro de rivalidade rexional que máis ben parece un partido entre a selección española e un combinado sudamericano. Ambos poden chegar lonxe na competición europea pero os grandes tápanlle o paso.

Outro chamado a facer grandes cousas nas copas, non insinúo ningunha capacidade etíhilica inusual, é o Zaragoza que reforzou ben o equipo co diñeiro do pequeno Milito. Enfróntase a un Murcia que foi o mellor que se reforzou dos recén ascendidos e pode dar moita guerra aos maños.

Seguimos de derbys polo sur. Un Recreativo que dificilmente repetirá o do ano pasado e un Betis que garantizará sonecas e bostezos no Ruíz de Lopera están condenados ao empate ao cero. Espanyol e Valladolid prometen moito máis espectáculo dado o cariz ofensivo dos seus entrenadores e a pesar da evidente diferencia de calidade das plantillas. Levante e Mallorca, como actores secundarios ou terciarios desta farsa futbolística, ofrecerán un encontro igualado que en base ao oficio levarán os baleares.

E o Dépor… non vas falar do Dépor? Partindo da base de que xa me parece miragreiro o feito de que aguanten na competición coas súas inmensas débedas e cunha estrela lesionada partíndose os dentes por xogar coa mascota e que recoñece que é un pallaso o triunfo é participar. O Almería, que se reforzou ben, será un rival para eludir o descenso.

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Que se pode dicir a estas alturas?
Killing Machine

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

No referente ao comentario sobor Guardado (tocáchesme a fibra sensíbel). Seguro que lembrarás a vez cando Busquets se “lesionou” na casa queimándose as palmas das mans, e dixera que fora de noite, que a súa muller estaba a pranchar e nese intre caeulle a prancha cando pasaba por embaixo o cativo, e Busquets estaba ollo avizor e colleu a plancha cas mans. Non hai deus co creera. Sen embargo Guardado se parte os piños tentando subirse a un columpio co seu can, surrealista total, pero podía buscar calqueira excusa, accidente caseiro e santas pascuas, pero non, o tipo non só o conta tal como aconteceu, senón que o fai sorrindo e posando para as fotos tapando os buratos dos dentes ca lingua en plan cachondeo. Iso é ser un pallaso, pero dos que se rin de sí mesmos. E ademais bo xogador.

Aquí tiñamos a un tal Romero que unha vez causou baixa porque se lle ocurriu coller unha serpe ca man no aeroporto e lle chantou nun dedo. O mesmo día do mesmo mes pero do ano seguinte “lesionouse” ao caer da bici para esquivar a un can. Este tamén era un pallaso, pero máis soso que dios e un pésimo futbolista.

Perdón pola chapa. Saúdos.

O de pallaso era un pouco por deixar constancia da anécdota. É certo que El Principito apunta grandes cualidades mais, como deportivista confeso, non deixa de entristecerme que en temporadas pasadas esta sería unha, boa, fichaxe máis. Tal como van as cousas que quede Coloccini parece un luxo.

Sobre as desculpas disparatadas unha das favoritas do meu compañeiro Alan é cando Sissoko se inventou un partido entre Mali e Nixeria, que o seu pais gañara 1-0, para poder ir ver á súa familia e amigos.

Non deixes de comentar e, sobre todo, ponnos a parir con frecuencia. Cal senón é o obxecto dun blog de deportes?

Ao final, se como dis, o Almeria será rival para eludi-lo descenso… temos o goalaverage fodido. Sen embargo, a día de hoxe o que está claro é que levamos cero puntos, cero goles a favor e tres en contra, calcadiños ao Valencia, que manda carallo.

Non te preocupes, pasarei o poñervos a parir a miúdo, ou cando a situación o requira ;)