O que me gustou do Eurobasket


España fallou na final, a outros quen lles dera chegarA Selección Española: O mellor conxunto do campionato fixo o seu peor partido na final perante o segundo mellor equipo. Os rusos son xustos vencedores cun gran xogo. Gasol foi, a pesar das vantaxistas e absurdas críticas, o mellor xogador da final e quizais do campionato en pugna con Calderón, impresionante no tiro. Non creo nas vitorias morais mais si nos equipos competitivos. Un grupo que despois de perder unha final reacciona con raiba e indignación asumindo a súa responsabilidade farao ben nas olimpiadas chegando a semifinais ou perdendo en cuartos cos USA. A canasta que lle fuxíu a Gasol en Madrid era xemelga da que Nocioni errou en Xapón. Ao final a sorte ten un papel máis importante do que nos gustaría admitir en toda esta farsa.

As estrellas da EuroNBA: Holden, Siskauskas, Calderón, Gasol, os irmáns Lavrinovic, Barac, Borunov, Navarro, Kirilenko, Khryapa, Diamantidis, Papalukas, Nowitzki… Os que queirades (aínda que xoguen nas ligas europeas).

As seleccións que foron fieis ao bo xogo: As finalistas e Lituania fixeron bastante polo baloncesto neste campionato. Mención especial ao gran campionato de Eslovenia, á revelación dunha irregular Croacia e a Portugal e Israel que lle puxeron moito pundonor.

Cristina Villanueva (e éme igual que me chamedes de todo):Dunha beleza inhumana presentou con gracia e soltura de xeito dinámico os programas da Sexta de baloncesto. A cadea do deporte, non o digo eu que o din eles, parece abandoar así a súa lexión de contertulios que convertían as súas retransmisións en galiñeiros. É encomiable o esforzo que esta cadea está por facer por este fermoso. Quen nos dera que consigan o que outros conseguiron promocionando algo que nin sequera, fóra dos tribunais, non é nin sequera un espectáculo. O triunvirato Epi-Montes-Itu forma un equipo equilibrado. Só o divino Antoni Daimiel pode facelo mellor.

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Carta aberta a Fernando Alonso (I)
O que non me gustou do Eurobasket

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

¡Sé o primeiro en deixar un comentario!