O que non me gustou do Eurobasket


Decepcionou FranciaAs seleccións que nos decepcionaron: Algo inevitable porque algúns equipos teñen que fallar para que outros brillen. Francia ten o peor da NBA, xogadores cun gran físico que fan a guerra pola súa conta sen ningún tipo de orde táctico. Turquía estivo moi por debaixo da calidade dos seus xogadores. En Italia as súas novas estrelas non achegaron todo o baloncesto que podían. E, por suposto, Serbia, quien te ha visto y quien te vé, que a pesar de gañarnos todas as finais dos europeos e mundiais de categorias inferiores parece contar cunha xeración maldita.

Madrid: A capital da Comunidad de Madrid amosou a súa capacidade para a organización dun gran evento. Reloxos de posesión que non funcionaban, cada día por un motivo distinto, un público frío cheo de VIP que influíron negativamente na final e un ridículo espantoso de organización coronado cun señor na final cunha escaleira colocando a rede. Que Esperanza e Gallardón conten coas olimpiadas. Por outra… Que se ía aspirar dun sitio chamado Telefónica Arena?


Estas declaracións de Darko Milicic
(aínda que me recordaron a un compañeiro de carreira, saúdo Luís):

As baixas audiencias: A influencia da Sexta, unha cadea pouco vista por moitas razóns, non é excusa para as pobres audiencias que ten o basket neste país. O partido de Fútbol entre o equipo da Federación Española de Fútbol e Islandia tivo máis audiencia que moitos partidos. Iso si é monopolio.

Perder a final
: Pero o fútbol, e o basket, é así.

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
O que me gustou do Eurobasket
Unha prata que sabe a pouco

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

¡Sé o primeiro en deixar un comentario!