Ou todo ou nada


Bernd Schuster, ata cando?Desde hai uns anos o Real Madrid vive nun estado de crise permanente, tanto deportiva, como institucional, ou mesmo en momentos concretos, as dúas. O que me resulta abraiante é a bipolaridade dos seus aficionados, capaces mesmo de simultanear estados de euforia galáctica con arrebatos de criticismo patolóxico. Como explicar que un equipo que conseguiu 16 dos 18 puntos posibles en liga esté discutido permanentemente?

Cando non hai problemas, parece que os inventan, coma se desfrutasen realizando un harakiri orxiástico e infindo. Non son eu quen vaia defender a Schuster, pero resulta esaxerado polo en cuestión cando transcurriron uns cantos partidos e cando -a excepción da Supercopa de España- o equipo permanece invicto en competición oficial. Da a impresión de que non vale ningún adestrador nin ningún central para o Madrid, que os engule coma quen non quere a cousa. Agora, o alemán xa comeza a ser discutido polo seu sistema de rotacións -se non fora isto, sería por outra cousa-. E iso que el -ao contrario que outros, como Fabio Capello- conta co beneplácito da mefistofélica e fanática prensa deportiva madrileña.

No fondo é ben triste que os xornalistas se comporten coma hooligans insensatos, criticando por criticar. Se non hai problemas, invéntanse. Todo por la pasta. Estou seguro de que se o equipo asimilara o sistema de rotacións e xogara un bo fútbol, o problema sería a quen sentar no banco, ou por qué non xoga aqueloutro, ou mesmo dirían que non sería bó estar a un gran nivel a estas alturas da temporada.

Moitos dos que en breve se acordaran de Vicente del Bosque ou de Fabio Capello -en canto empecen a perder partidos, xa veredes- foron os primeiros que clamaron en contra deles, que se manifestaron entusiasticamente a favor de destituilos. A lista é moi larga: Vicente del Bosque (para eles non mandaba no vestuario, era tácticamente deficiente, tiña perfil baixo…), Wanderlei Luxemburgo (que o equipo xogaba mal, que si o cadrado máxico era un disparate…), Fabio Capello (que o sistema era moi defensivo, que a parella Emerson-Diarra era un estorbo, que o bo fútbol brilaba pola súa ausencia…), Carlos Queiroz (curioso caso o deste home, cando o Madrid arrasaba afirmaban que un equipazo así o dirixía calquera, cando empezaron a perder un partido tras de outro resulta que a culpa de todo era del), etc.

Así é un importante sector -ollo, que non todo- do madridismo. Soberbio e engreído cando o seu equipo arrasa (de ahí o odio que o Real Madrid dos galácticos sementou alá por onde iba) e autodestructivo nos malos momentos. Que se vai esperar dunha institución presidida por un home que estivo dentro de directivas das que agora renega e fala pestes, en público e en privado?

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Siempre se repite la misma historia…
Contos de nunca acabar

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

¡Sé o primeiro en deixar un comentario!