Siempre se repite la misma historia…


Víctor Fernández, un home malditoComa un leit-motiv, coma un soño recurrente, coma se a existencia humana fora un eterno devir, unha circularidade monótona na que todos os eventos se suceden e se repiten sen cesar, nunha especie de baile cósmico, ata que xa non nos sorprende en absoluto. Todo moi de Heráclito. Todo moi propio de Víctor Fernández, un home marcado por un sino tráxico. Alguen cre que se irá triunfando dalgún equipo? Por qué se empeña en permanecer nun clube ata que se cumplen os designios que por sempre e para sempre lle foron asignados por un demiurgo invisible?

O tremendo do conto é que todos os equipos de Víctor, nos seus inicios, práctican un fútbol vistoso, alegre, setentero. Así, recordamos con cariño aquel Zaragoza de comezos da década dos 90, que con Poyet, Gay, Belsúe, Higuera, Nayim, Esnaider… gañou a Recopa de Europa e que deixou partidos inolvidables coma o 6-4 ao Barcelona. Ninguén olvidará ao Celta de Mostovoi, Karpin, Gustavo López e Makelele, apodado “La Máquina”, que asombraba Europa un ano sí e outro tamén. Agora, neste Zaragoza ciclotímico, capaz do mellor e do peor, cando realizaron a maior inversión económica da súa historia para conmemorar o 75 aniversario da institución, detéctanse os preocupantes síntomas que sofren os equipos de Víctor no seu crepúsculo.

Resulta curioso que os equipos de Víctor Fernández, cando xogan ben, o fan dun xeito armónico, con moito estilo. Agora, cando están infectados polo virus que o seu adestrador leva latente -ata que estala violentamente- poucos equipos no mundo o poden facer tan mal sobre un terreo de xogo. E todos, tamén teñen os mesmos tics de mal xogo. É un xogo, soso, sen alma, no que os futbolistas deambulan polo campo, blandos en defensa, inoperantes en ataque, mal colocados. Así foi sempre e así será. Onte o Zaragoza foi eliminado polo Aris de Salónica, con Javito -un ex da canteira azulgrana- en plan estrela. Un fracaso anunciado máis, que porá en dúbida a continuidade de Víctor Fernández no banquillo maño. Ata cando lle pasará isto a este home? Por favor, envíade as vosas suxerencias, algo hai que facer para axudar a este home a libralo da súa maldición.

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Esta semana non hai fútbol
Ou todo ou nada

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

Cando adestre ao Depor ou a algún equipo co que simpatice procurarei axuda-lo, namentres…

E que a min sempre me pareceu bastante prepotente, como cando co Celta arrasara nunha pretempada, gañando moitos torneos, e dicir que “el Celta no va en broma” en plan chulo, que ían a por títulos. O final clasificáronse para a Intertoto, e polos pelos.

No que atinxe aos seus resultados, pois nada, ao final só triunfou naquel Zaragoza, nin sequera no Celta, que non gañou títulos (que ao fin e ao cabo é o que conta) e o botaron de bastantes equipos, cousa que rematarán por facer neste Zaragoza, e si non ao tempo.

Estes entrenadores gafapastas acaban todos caendo polo seu propio peso: Lillo, Valdano, Víctor… Non son capaces de gardar coherencia de discurso cando teñen que levar á práctica as súas ideas.