É Óscar Pereiro o tío máis plasta de Galicia?
Facéndonos eco das peticións dos nosos (escasos) lectores analizaremos se o (por fin) gañador do Tour do 2006 é o tío máis plasta de Galicia. A resposta obvia é non. Nin sequera é o personaxe do deporte máis pesado de Galicia xa que gaña por goleada, por exemplo, Fernando Vázquez.
Sen embargo se hai algo que non soporto de Óscar Pereiro é que se meta continuamente nos nosos televisores por ser sinxelo, campechano, simpático e tal… Non nos podemos enganar. Un tío que comezou a súa carreira deportiva como atracción de feira na discoteca Queen de Mos non é outra cousa que un Malote.
O tipo ten ademais un afán de protagonismo innegable e que, estivese Landis ou non drogado, perdeu o maillot amarelo despois de manter unha importante vantaxe. A súa irregularidade e “simpatía” fano apetecible para a prensa máis que outros deportistas de perfil baixo. Merece o maillot pero eu non merezo que me dea tanto a vara. Como se non houbese ciclistas en España!



A resposta é NON. O tío máis plasta e relacionado co deporte en Galiza é OSCAR SUÁREZ, comentarista dos partidos e da actualidade do Celta na TVG.
Polo seu forofismo exacerbado e porque pronuncia os nomes dos xogadores estranxeiros ao contrario de todo o mundo, aínda que teña razón. Coma por exemplo Luccin (Lucsón/Lucsén) ou Carew (Queru). Sen dúbida o number one dos plastas aínda que non sexa deportista.