Pellegrini, terrorista internacional, Riquelme, pallaso sen fronteiras
Pellegrini, o elegante entrenador chileno do equipo hispano-arxentinoVilarreal vénse de laiar polas continuas acusacións de maltrato cara a estrela errante Juan Román Riquelme. “Lógicamente, verse y sentirse casi como un terrorista internacional en las primeras páginas de los periódicos no me parece prudente, más aún en periódicos que hace algún tiempo tenían un concepto diferente al actual del jugador”.
Sabias palabras do chileno. Parece que a Riquelme se lle perdoa todo e non se lle acusa de nada. O principal responsable é o Topo Giggio polos seus inverosímiles caprichos, a súa nula capacidade de integración e divismos. Cando un equipo, no fondo, modesto como o castellonense depende tanto dunha estrela esta non pode comportarse dun xeito tan insolidario. Outro exemplo vémolo no caso de Ronaldinho pero vese mitigado porque xoga con Eto´o, Messi, Iniesta, Xavi… Sen embargo os meses estúpidos de Riquelme levaron ao Vilarreal a perder as súas opcións de Champions.
Só cando el desapareceu e se foi a Boca, onde lle permitirían calquera cousa, o submarino amarelo emerxeu con oito vitorias consecutivas que lle deron a UEFA comandados por un dos favoritos da familia Fournieur: Robert Pires. A pesar do que os medios nos queiran facer ao fútbol xogan equipos e non estrelas e o Vilarreal ten unha gran plantilla para competir con todo. Menos Riquelme e máis adestradores cun gusto polo fútbol exquisito como o Enxeñeiro Pellegrini, un dandy dos banquillos.


