Cuestionario Juande
Por que a prensa madrileña non ocupou as súas portadas coa marcha do entrenador revelación das dúas últimas temporadas? Merece máis atención a apoloxía da xoldra de Robinho? O Tour que, finalmente, lle deron a Pereiro?
É Juande un traidor por irse a unha empresa que lle paga máis de 7 veces o seu salario actual e o convertirá no segundo entrenador mellor pagado do mundo case ao nivel de Fergusson? (De feito os Fournieur faríamos o mesmo)
Por que Juande non abandonou o Sevilla no verán cando a oferta case era da mesma contía? Resulta ético facelo agora que o equipo, por primeira vez na súa etapa, ofrece dúbidas sobre o seu rendemento?
Débelle máis o Sevilla a Juande ou viceversa? Sería o clube hispalense o equipazo que é agora sen o traballo deste soso manchego? É mérito de Monchi? De Del Nido? De Alves e Kanouté? De Luis Fabiano? Unha conxunción astral?
Servirá de revulsivo este cambio? Está Jiménez preparado para o reto? Haberá desbandada de cracks? Ata que punto o home co record guiness de tópicos nunha rolda de prensa influíu no carácter gañador da Sevilla? Tiña máis importancia a papilla máxica (que agora incorpora o Zaragoza)? A tenor desta última pregunta… Aimar converteranse en Kanouté?


