Podería Bernd Schuster pilotar un MacLaren?
Argumentos a favor:
A escadra MacLaren é angloxermana e sempre amosou preferencia polos pilotos desta nacionalidade e cun físico ario como Hakinen ou Raikonen. Requirimento cumprido.
Os pilotos de MacLaren sempre amosaron unha arrogancia na victoria fóra do común superando, incluso aos de Ferrari. Compararse co mellor tenista da historia e acto seguido ser arrollado polo Sevilla soe ser a consecuencia do barato do seu falar.
Tamén se valora a falta de apego polos cores. Bernardo xa dixo en Alemaña na xornada 3 e por se acaso que el xa se estaba preparando para marchar. Antes era prisioneiro do terrible Ángel Torres.
E por enriba de todo a culpa sempre é de outro: dos compañeiros, os xogadores, os mecánicos, os árbitros, o campo, a pista, os micrófonos, os xornalistas, a dirección deportiva. Neste caso, contra toda razón lóxica, do árbitro.
A pregunta é… Volverá o vindeiro ano ao Xetafe?



Iso inclúe ir toda a Liga de primeiros e cagala na última xornada? Pois vai ser interesante de ver, sí señor