Campeóns nihilistas


Eurocopa 2008A victoria inapelable de La Roja contra unha selección dun nivel similar ao noso xa clasificada e xogando como local dános como favoritos absolutos para a Eurocopa. Ou cando menos iso pon na súa portada a cabeceira máis lida de España. Seguramente algo que fixo Raúl ou o Real Madrid é artífice de tal avance cando este mesmo equipo que viste como Brasil e xoga como Inglaterra nos perdoou a goleada en Escandinavia.

Non fai falla ser un Napoleón Táctico para saber que un equipo con algúns dos mellores medios do mundo (Xavi, Cesc, Iniesta e Xabi Alonso), xogadores de banda desiquilibrantes (Joaquín, Silva, Vicente, Riera) e poucos dianteiros goleadores (Villa e Tamudo basicamente). A estratexia debe pasar polos primeiros: tocar con rapidez, abrir espazos e osixenar o xogo na banda repartindo a achega goleadora entre os dianteiros e a segunda liña.

O sorprendente non era tanto que España perdese con Irlanda do Norte ou Suecia senón o mal que xogaba con estes peloteiros. A imposición por parte da prensa madrileña das aliñacións ( metendo con calzador ao eternamente crepuscular Raúl e obrigando á selección sobrevivir ao ineficaz Torres) facía que os esquemas nunca fosen coherentes (cabe recordar o mundial do 2002 cando se xogaba cunha soa banda para que xogasen Raúl-Tristán-Valerón). Aragonés, non menos crepuscular que o Capitán, equivocouse reiteradamente tentando achegar físico e barrullería a un equipo que non pode telo con xogadores fetiche (Albelda ou Marcherna). Cando as circunstancias levaron a que estes elementos desaparecesen o xogo mellorou notablemente.

Total que agora combinase con rapidez, abrese á banda e os dianteiros resultan terriblemente eficaces. Xógase estupendamente contra un bo equipo que non disputará o título (porque como a España ao final faltanlle argumentos) e non vale como proba de toque ante outras escuadras con máis recursos e ases na manga (Italia, Francia, Portugal, Alemaña…). O tráxico da selección é que non pode gañar un campionato ao estilo italiano ou grego porque a súa cultura futbolística non llo permite e tampouco pode resolver con individualidades de ningún xenio (Cesc nun futuro?) xa que, outra desgracia como outra calquera, España pode ser a selección do vello continente con máis xogadores de 8 (Iniesta, Xavi, Xabi Alonso, Villa…) pero ningún de 10 (a pesar do que poida pensar Raúl ao ler isto).

Outras alternativas como basearse nas xogadas de estratexia non son posibles polo pouco tempo de entrenamentos e a falta de compromiso histórico dos internacionais. Tampouco a gran especialidade de Aragonés, o contragolpe, é aceptado polos xornais da Capital da Comunidade de Madrid. Polo tanto pasará o mesmo de sempre: alguén con máis oficio e recursos pasará por diante de España en cuartos e as parvadas de antes da clasificación xa non enganan a ninguén. Son campeóns nihilistas, dos que non gañan nada.

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
FerFedeRer
Roger Federer: Master of Masters

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

Haiche bo tempo que non comentaba nada por aquí, aínda que si lin todo o que fóchedes escribindo, a ver se recupero os comentarios pendentes. Sobre La Roja non vou a comentar nada que non dixeras xa, aínda que si discrepo en que non teñen ningún xogador de 10, porque si o teñen, polo menos todo o preto que é posible estar do 10. Non é outro que Andrés Iniesta Luján, se me dis que non é unha estrela, pois vale, porque iso conleva ademais de ser un gran xogador, ser “mediático”, facer publicidade, cabrearte por ser suplente e dicirllo á prensa… e iso non vai con el. Agora, nun terreo de xogo, é sen dúbidas o xogador español con mellores calidades que vin des que sigo este deporte. É tacticamente disciplinado, rápido, forte (para a súa estatura e peso), tecnicamente excepcional, ten a visión de xogo dos grandes, manexa ambas pernas, é constante, sabe dar o último pase, xogar de primeiras ou aguantar o balón, desborda… e aínda por riba é dos mellores deces en canto a recuperación de pelota. Que non teña a consideración que merece é froito do seu carácter e duns adestradores pouco valentes que preferiron desterralo ó banco, ó lateral ou ó extremo antes que sacar do campo a algún mediático que non lle chega á sola da bota, se atendemos a cuestións puramente futbolísticas. Cando a estes non lles quede máis opción que renderse ás evidencias, Iniesta amosará a súa verdadeira dimensión coma futbolista.
España namentres siga sendo só unha selección seguirá dándose hostia tras hostia, para ganar un torneo destes hai que ser tamén un equipo (que llo digan ós cariocas).

Saúdos