Posts escritos por Alan Fournier

Ovellas negras


Os problemas do F.C. Barcelona escríbense con “R”: con “R” de Relaxación, con “R” de Ronaldinho, con “R” de Rijkaard. As declaracións de Edmilson a TV3, nas que falaba da existencia de ovellas negras no vestiario culé, víronse envoltas nunha agria polémica malia que tan só explicitaba e facía público o que moitos aficionados sabiamos […]

Roger Federer: Master of Masters


Confío en que ninguén me etiquetará de oportunista, pois neste mesmo intre Roger Federer ten a ventaxa máis exigüa (895 puntos) dos últimos séculos sobre o seu amigo e rival Rafael Nadal. Pase o que pase no Masters de Shangai e nos vindeiros compromisos tenísticos o suizo ten argumentos máis que suficientes para ser considerado […]

Schumacher, Premio Príncipe de Asturias dos Deportes


Por máis que o intento -e mira que devano os miolos- non son capaz de comprender cal é a idiosincrasia dos Premios Principe de Asturias dos Deportes. semella que non existe un criterio unívoco á hora de conceder o galardón real. Descoñezo se o xurado premia a traxectoria dunha carreira deportiva -como ocurre no merecido […]

Siempre se repite la misma historia…


Coma un leit-motiv, coma un soño recurrente, coma se a existencia humana fora un eterno devir, unha circularidade monótona na que todos os eventos se suceden e se repiten sen cesar, nunha especie de baile cósmico, ata que xa non nos sorprende en absoluto. Todo moi de Heráclito. Todo moi propio de Víctor Fernández, un […]

Ou todo ou nada


Desde hai uns anos o Real Madrid vive nun estado de crise permanente, tanto deportiva, como institucional, ou mesmo en momentos concretos, as dúas. O que me resulta abraiante é a bipolaridade dos seus aficionados, capaces mesmo de simultanear estados de euforia galáctica con arrebatos de criticismo patolóxico. Como explicar que un equipo que conseguiu […]

Carta aberta a Fernando Alonso (II)


Ademais de todo o anterior, demostraches, con Pedro Martínez de la Rosa, as túas profundas conviccións democráticas e de confianza no poder xudicial, colaborando coa xustiza e entregándolle a Max Mosley toda a información sobre o dossier de Ferrari. Por colaborar coa xustiza e loitar contra o mal eres un mártir nos medios de Alemania […]

Carta aberta a Fernando Alonso (I)


Estimado Fernando
Toda situación ten un límite e véxome obrigado a escribirche estas liñas para recordarche por que ti es o mellor piloto da F-1, un coloso español que sofre vexacións continuas e faltas de respeto nun mundo creado por e para os anglosaxóns. Os que te coñecemos sabemos que alguén co teu fair play e […]

Unha prata que sabe a pouco


Resulta difícil dicir algo negativo da selección española de baloncesto. Trátase dun grupo dunha calidade deportiva tan só inferior á humana, dun conxunto que transmite ilusión e confianza e que conseguiu empatizar coa afición dun xeito descoñecido por estos lares. Nen sequera as seleccións de balonmán e de waterpolo contaron co apoio popular e co […]

Killing Machine


Todas as nosas sospeitas foron confirmadas o pasado domingo no estadio Santiago Bernabéu. Este Sevilla é unha auténtica máquina de matar, sen sentimentos. E o máis incrible é o feito de que o Sevilla gañoulle ao Madrid sen xogar a un gran partido e con catro xogadores que o ano pasado eran titulares (Javi Navarro, […]

Heinze, para que?


O mesiánico Ramón Calderón cada día nos sorprende máis (e non sei se dicir positiva ou negativamente). Aparte de facer promesas que non valen nada, presunto fraude electoral e actuar pola espalda (véxase a este respecto a entrevista que hoxe concede ao diario Marca Fabio Capello), despilfarra o diñeiro da caixa forte blanca dunha maneira […]