Posts escritos por Fournier Alan
Grupos que dan a vida
O sorteo da fase final da Eurocopa austrosuíza do próximo verán decantou un grupo da morte (Holanda-Italia-Rumanía-Francia), outro de nivel medio (Suíza-Chequia-Portugal-Turquía) e dous ridiculamente devaluados: o de España (con Suecia-Rusia-Grecia) e o de Alemaña (Polonia-Austria-Croacia). Esta situación vén dada pola pouca entidade dos anfitrións, sobre todo Austria, e o feito de que Grecia, cun […]
FerFedeRer
Roger Federer
Seguramente aos seus 26 anos é xa o mellor tenista da historia. O seu xogo non ten fisuras salvo na terra onde a maior capacidade física dalgúns rivais, sobre todo Rafa Nadal, aínda pode con el. Chega nun dos seus maiores baches da súa carreira recente xa que perdeu contra outra das súas bestas […]
Campeóns nihilistas
A victoria inapelable de La Roja contra unha selección dun nivel similar ao noso xa clasificada e xogando como local dános como favoritos absolutos para a Eurocopa. Ou cando menos iso pon na súa portada a cabeceira máis lida de España. Seguramente algo que fixo Raúl ou o Real Madrid é artífice de tal […]
Podería Bernd Schuster pilotar un MacLaren?
Argumentos a favor:
A escadra MacLaren é angloxermana e sempre amosou preferencia polos pilotos desta nacionalidade e cun físico ario como Hakinen ou Raikonen. Requirimento cumprido.
Os pilotos de MacLaren sempre amosaron unha arrogancia na victoria fóra do común superando, incluso aos de Ferrari. Compararse co mellor tenista da historia e acto seguido ser arrollado polo Sevilla […]
Cuestionario Juande
Por que a prensa madrileña non ocupou as súas portadas coa marcha do entrenador revelación das dúas últimas temporadas? Merece máis atención a apoloxía da xoldra de Robinho? O Tour que, finalmente, lle deron a Pereiro?
É Juande un traidor por irse a unha empresa que lle paga máis de 7 veces o seu salario actual […]
Ten razón Cabezón D´Alessandro?
Un xogador de fútbol gozaría das nosas simpatías e parcialidade polo mero feito de ter sido fontaneiro e pizzeiro na súa xuventude. Non lle faltan tampouco cualidades futbolísticas a Andrés para triunfar aínda, que como soe pasar cos precoces talentos arxentinos especialmente cos mediapuntas, estes non terminan de dar todo o que se esperaba deles. […]
Pellegrini, terrorista internacional, Riquelme, pallaso sen fronteiras
Pellegrini, o elegante entrenador chileno do equipo hispano-arxentinoVilarreal vénse de laiar polas continuas acusacións de maltrato cara a estrela errante Juan Román Riquelme. “Lógicamente, verse y sentirse casi como un terrorista internacional en las primeras páginas de los periódicos no me parece prudente, más aún en periódicos que hace algún tiempo tenían un concepto diferente […]
É Óscar Pereiro o tío máis plasta de Galicia?
Facéndonos eco das peticións dos nosos (escasos) lectores analizaremos se o (por fin) gañador do Tour do 2006 é o tío máis plasta de Galicia. A resposta obvia é non. Nin sequera é o personaxe do deporte máis pesado de Galicia xa que gaña por goleada, por exemplo, Fernando Vázquez.
Sen embargo se hai algo que […]
Contra todo prognóstico
Contra todo prognóstico La Roja venceu á monarquía máis antiga do continente, iso dicimos nós, máis vello. O único país do mundo que pode ternos medo suficiente como para bautizarnos como O Brasil de Europa perdeu as súas esperanzas para ir a un campionato de seleccións por segunda vez consecutiva. Unha mágoa xa que ten […]
Esta semana non hai fútbol
Parece unha obviedade pero esta semana non hai fútbol. O conto é que isto acontece sempre que xoga o equipo da Real Federación Española. Os amantes do balompé son incordiados por un equipo falto de emoción e experto en desencontros coa súa afección en eternas fases de clasificación que só valen para que en Islandia […]


