Grupos que dan a vida
O sorteo da fase final da Eurocopa austrosuíza do próximo verán decantou un grupo da morte (Holanda-Italia-Rumanía-Francia), outro de nivel medio (Suíza-Chequia-Portugal-Turquía) e dous ridiculamente devaluados: o de España (con Suecia-Rusia-Grecia) e o de Alemaña (Polonia-Austria-Croacia). Esta situación vén dada pola pouca entidade dos anfitrións, sobre todo Austria, e o feito de que Grecia, cun plantel lamentable, gañase a anterior edición. Aínda así sigo sen entender moi ben como Francia, finalista dun mundial, estaba no último bombo.

Este grupo D que lle veu a tocar en sorte é unha folla de ruta da desgracia para España. Por unha banda porque sufrirá, sempre sufre, contra rivais con plantillas inferiores ás súas e quedarán máis patentes incluso as súas limitacións. Pode pasar iso ou que, como no pasado mundial, arrase nos tres primeiros partidos e gañemos, sen ter desputado as eliminatorias, a Eurocopa. Por se faltasen poucos indicativos de catástrofe os cruces do grupo son contra rivais moito máis en forma que calquera dos integrantes do noso grupo. En cuartos á casa como sempre.

Para colmo de males Aragonés está desexando baixarse aos pantalóns e ameaza con quitar o que obviamente funciona (os centrocampistas de toque do Barça e os estremos do Valencia) para dar entrada ao capitán branco. O superclase madridista volveu a deixarnos atónitos o pasado sábado cun gol despois dun fallo en defensa do Racing e por meter un libre directo a través dunha barreira que se abre. O debate non acabará ata que As, Marca, Cadena Ser e os demais testaferros de La Roja teñan a aliñación que queren.

Total que a posibilidade de ter un equipo baseado no colectivo e na identidade futbolística nacional (eu creo que a furia é máis arxentina que outra cousa) e que dá resultados aos clubes botarase pola borda polos mesmos atavismos de sempre. Este grupo fácil e pouco meritorio en vez de darnos a vida seguramente danos o pasaporte para volver cedo a casa. A salientar o que dixo Chivu sobre o grupo no que está Rumanía: “Se pasamos da fase de grupos gañamos o mundial”. Para cando esa mentalidade aquí?

FerFedeRer
Roger Federer

Seguramente aos seus 26 anos é xa o mellor tenista da historia. O seu xogo non ten fisuras salvo na terra onde a maior capacidade física dalgúns rivais, sobre todo Rafa Nadal, aínda pode con el. Chega nun dos seus maiores baches da súa carreira recente xa que perdeu contra outra das súas bestas negras a final dos Masters Series e en cuartos doutro. Referido a outro xogador do circuíto profesional resultaría un comentario sarcástico pero aquí estamos a axustarnos a realidade. Ten tal cantidade de puntos por defender

pero até a el élle difícil. Chega sen entrenador e precedido polas dúbidas sobre o seu estado de forma.

David Ferrer

Para a prensa madrileña e o forofo que só se apunta a ver o tenis cando hai unha victorias patria (esta figura pode ser representada graficamente por Tomás Roncero) Ferrer antes de Shangai é un comentarista de La Sexta. Aos seus 25 anos vén de facer a temporada da súa vida gañando en Auckland, Bastad e Tokio ademais dunhas semifinais no U.S. Open derrotando a quen lle tapa a súa luz, Rafa Nadal. Chega como número 6 da ATP e é estatisticamente o mellor restador do circuíto.

Shanghai

A falta de Grand Slam a gran potencia económica do presente e do futuro acolle o torneo de mestres. Todos confían en que este ano Federer non leve outra vez o torneo e que se poida dar a sorpresa. A victoria de González ante o xenio suízo abre as ansias de gloria de todos. Ferrer gaña con brillantez a Djokovic que dende Flushing Meadows dedícase máis á comedia lixeira que ao tenis. e Nadal a Gasquet que pasaba por aí.

Na segunda xornada aparecen as figuras do torneo. España descobre que ten un segundo tenista cando Ferrer derrota a Nadal. Federer gañar con autoridade ao dostoeivskiano Davydenko recuperando os seus mellores golpes. A prensa madrileña fantasea cunha final española.

Na derradeira xornada Federer destroza ao crack mediocre Roddick, Ferrer pasa por riba de Gasquet e Nadal dálle o billete definitivo ao seu imitador Djoko. Na griseza Roddick avanza cara as semifinais.

Grandes esperanzas

Ferrer chega ao que, pensa, pode ser o segundo partido máis importante da súa vida. Roddick é o mellor sacador do circuíto e el o mellor restador. A superficie axuda ao xogo primitivo do de Nebraska pero é derrotado por un xogador en estado de gracia como o alicantino que fai o partido da súa vida.

Máis dúbidas había no outro encontro. Podería con Nadal, a súa outra bestia negra, ou confirmaría as fendas no seu xogo? O reloxo suízo confirmou que é o mellor. A base de calidade e axudado pola pista quitou sentido ás carreiras a proba de fe do manacorí. O xogo compartía sinxeleza e imposibilidade. Primeiro mandaba a bola a unha esquina e despois á outra sempre cunha precisión exquisita. Nunha ocasión Nadal púxose 0-30 e Roger fixo 4 aces seguidos. Tamén gañou os 13 primeiros xogos do segundo set. Nada se pode facer cando el está ben.

Dous campións fronte a fronte

Ferrer viña coa vertixe de subir por primeira vez ás alturas. Federer tan só volveu á súa posición natural. Desde o primeiro xogo o alacantino foi incapaz de descifrar o enigma suízo. Como vencer a un tenista que non parece moverse cando xoga? Como restar golpes imposibles. No discurso saiu vencedor o español: “Roger é o mellor tenista da historia”. Non quedou atrás o gran campión: “Agradezo a David e a todo o seu equipo o marabilloso tenis que puidemos ver estes días en China”. Até nisto ten un revés incomensurable.

Despois un circo coa tenente alcaldesa de Shanghai e un Mercedes. Isto tamén é a ATP.

Campeóns nihilistas
A victoria inapelable de La Roja contra unha selección dun nivel similar ao noso xa clasificada e xogando como local dános como favoritos absolutos para a Eurocopa.  Ou cando menos iso pon na súa portada a cabeceira máis lida de España. Seguramente algo que fixo Raúl ou o Real Madrid é artífice de tal avance cando este mesmo equipo que viste como Brasil e xoga como Inglaterra nos perdoou a goleada en Escandinavia.

Non fai falla ser un Napoleón Táctico para saber que un equipo con algúns dos mellores medios do mundo (Xavi, Cesc, Iniesta e Xabi Alonso), xogadores de banda desiquilibrantes (Joaquín, Silva, Vicente, Riera) e poucos dianteiros goleadores (Villa e Tamudo basicamente). A estratexia debe pasar polos primeiros: tocar con rapidez, abrir espazos e osixenar o xogo na banda repartindo a achega goleadora entre os dianteiros e a segunda liña.

O sorprendente non era tanto que España perdese con Irlanda do Norte ou Suecia senón o mal que xogaba con estes peloteiros. A imposición por parte da prensa madrileña das aliñacións ( metendo con calzador ao eternamente crepuscular Raúl e obrigando á selección sobrevivir ao ineficaz Torres) facía que os esquemas nunca fosen coherentes (cabe recordar o mundial do 2002 cando se xogaba cunha soa banda para que xogasen Raúl-Tristán-Valerón). Aragonés, non menos crepuscular que o Capitán, equivocouse reiteradamente tentando achegar físico e barrullería a un equipo que non pode telo con xogadores fetiche (Albelda ou Marcherna). Cando as circunstancias levaron a que estes elementos desaparecesen o xogo mellorou notablemente.

Total que agora combinase con rapidez, abrese á banda e os dianteiros resultan terriblemente eficaces. Xógase estupendamente contra un bo equipo que non disputará o título (porque como a España ao final faltanlle argumentos) e non vale como proba de toque ante outras escuadras con máis recursos e ases na manga (Italia, Francia, Portugal, Alemaña…). O tráxico da selección é que non pode gañar un campionato ao estilo italiano ou grego porque a súa cultura futbolística non llo permite e tampouco pode resolver con individualidades de ningún xenio (Cesc nun futuro?) xa que, outra desgracia como outra calquera, España pode ser a selección do vello continente con máis xogadores de 8 (Iniesta, Xavi, Xabi Alonso, Villa…) pero ningún de 10 (a pesar do que poida pensar Raúl ao ler isto).

Outras alternativas como basearse nas xogadas de estratexia non son posibles polo pouco tempo de entrenamentos e a falta de compromiso histórico dos internacionais. Tampouco a gran especialidade de Aragonés, o contragolpe, é aceptado polos xornais da Capital da Comunidade de Madrid. Polo tanto pasará o mesmo de sempre: alguén con máis oficio e recursos pasará por diante de España en cuartos e as parvadas de antes da clasificación xa non enganan a ninguén. Son campeóns nihilistas, dos que non gañan nada.

Podería Bernd Schuster pilotar un MacLaren?
Argumentos a favor:

A escadra MacLaren é angloxermana e sempre amosou preferencia polos pilotos desta nacionalidade e cun físico ario como Hakinen ou Raikonen. Requirimento cumprido.

Os pilotos de MacLaren sempre amosaron unha arrogancia na victoria fóra do común superando, incluso aos de Ferrari. Compararse co mellor tenista da historia e acto seguido ser arrollado polo Sevilla soe ser a consecuencia do barato do seu falar.

Tamén se valora a falta de apego polos cores. Bernardo xa dixo en Alemaña na xornada 3 e por se acaso que el xa se estaba preparando para marchar. Antes era prisioneiro do terrible Ángel Torres.

E por enriba de todo a culpa sempre é de outro: dos compañeiros, os xogadores, os mecánicos, os árbitros, o campo, a pista, os micrófonos, os xornalistas, a dirección deportiva. Neste caso, contra toda razón lóxica, do árbitro.

A pregunta é… Volverá o vindeiro ano ao Xetafe?

Cuestionario Juande
Por que a prensa madrileña non ocupou as súas portadas coa marcha do entrenador revelación das dúas últimas temporadas? Merece máis atención a apoloxía da xoldra de Robinho? O Tour que, finalmente, lle deron a Pereiro?

É Juande un traidor por irse a unha empresa que lle paga máis de 7 veces o seu salario actual e o convertirá no segundo entrenador mellor pagado do mundo case ao nivel de Fergusson? (De feito os Fournieur faríamos o mesmo)

Por que Juande non abandonou o Sevilla no verán cando a oferta case era da mesma contía? Resulta ético facelo agora que o equipo, por primeira vez na súa etapa, ofrece dúbidas sobre o seu rendemento?

Débelle máis o Sevilla a Juande ou viceversa? Sería o clube hispalense o equipazo que é agora sen o traballo deste soso manchego?  É mérito de Monchi? De Del Nido? De Alves e Kanouté? De Luis Fabiano? Unha conxunción astral?

Servirá de revulsivo este cambio? Está Jiménez preparado para o reto? Haberá desbandada de cracks? Ata que punto o home co record guiness de tópicos nunha rolda de prensa influíu no carácter gañador da Sevilla? Tiña máis importancia a papilla máxica (que agora incorpora o Zaragoza)? A tenor desta última pregunta… Aimar converteranse en Kanouté?

Ten razón Cabezón D´Alessandro?
Un xogador de fútbol gozaría das nosas simpatías e parcialidade polo mero feito de ter sido fontaneiro e pizzeiro na súa xuventude. Non lle faltan tampouco cualidades futbolísticas a Andrés para triunfar aínda, que como soe pasar cos precoces talentos arxentinos especialmente cos mediapuntas, estes non terminan de dar todo o que se esperaba deles.

A pesar da súa hiperactividade e agresividade D´Alessandro amosa un gran valor ao denunciar os abusos de Pallaso Aimar no equipo maño. Víctor Fernández é propenso a mimar de máis ás súas estrelas e acaba por pasar iso. Paradóxicamente as carreiras dos dous arxentinos parecen ir paralelas. Ambos foron estrelas en River e viñeron a Europa non dando, para nada o resultado esperado. Se Pablo César foi clave nas ligas conquistadas pola fábrica de aburrimento de Benítez non resultou máis fundamental que Baraja ou Vicente. D´Alessandro non pode botar peito polas súas campañas no Wolfsburgo e no Porstmouth pero, a razón non lla quita ninguén. Aimar é un xogador moi dotado que nunca dá todo o que pode. Crispa ao afeccionado e, finalmente, tamén ao compañeiro.

A nosa solidariedade para con el finalmente apartado do equipo.

Pellegrini, terrorista internacional, Riquelme, pallaso sen fronteiras
Pellegrini, o elegante entrenador chileno do equipo hispano-arxentinoVilarreal vénse de laiar polas continuas acusacións de maltrato cara a estrela errante Juan Román Riquelme. “Lógicamente, verse y sentirse casi como un terrorista internacional en las primeras páginas de los periódicos no me parece prudente, más aún en periódicos que hace algún tiempo tenían un concepto diferente al actual del jugador”.

Sabias palabras do chileno. Parece que a Riquelme se lle perdoa todo e non se lle acusa de nada. O principal responsable é o Topo Giggio polos seus inverosímiles caprichos, a súa nula capacidade de integración e divismos. Cando un equipo, no fondo, modesto como o castellonense depende tanto dunha estrela esta non pode comportarse dun xeito tan insolidario. Outro exemplo vémolo no caso de Ronaldinho pero vese mitigado porque xoga con Eto´o, Messi, Iniesta, Xavi… Sen embargo os meses estúpidos de Riquelme levaron ao Vilarreal a perder as súas opcións de Champions.

Só cando el desapareceu e se foi a Boca, onde lle permitirían calquera cousa, o submarino amarelo emerxeu con oito vitorias consecutivas que lle deron a UEFA comandados por un dos favoritos da familia Fournieur: Robert Pires. A pesar do que os medios nos queiran facer ao fútbol xogan equipos e non estrelas e o Vilarreal ten unha gran plantilla para competir con todo. Menos Riquelme e máis adestradores cun gusto polo fútbol exquisito como o Enxeñeiro Pellegrini, un dandy dos banquillos.

É Óscar Pereiro o tío máis plasta de Galicia?
Facéndonos eco das peticións dos nosos (escasos) lectores analizaremos se o (por fin) gañador do Tour do 2006 é o tío máis plasta de Galicia. A resposta obvia é non. Nin sequera é o personaxe do deporte máis pesado de Galicia xa que gaña por goleada, por exemplo, Fernando Vázquez.

Sen embargo se hai algo que non soporto de Óscar Pereiro é que se meta continuamente nos nosos televisores por ser sinxelo, campechano, simpático e tal… Non nos podemos enganar. Un tío que comezou a súa carreira deportiva como atracción de feira na discoteca Queen de Mos non é outra cousa que un Malote.

O tipo ten ademais un afán de protagonismo innegable e que, estivese Landis ou non drogado, perdeu o maillot amarelo despois de manter unha importante vantaxe. A súa irregularidade e “simpatía” fano apetecible para a prensa máis que outros deportistas de perfil baixo. Merece o maillot pero eu non merezo que me dea tanto a vara. Como se non houbese ciclistas en España!

Contra todo prognóstico
Contra todo prognóstico La Roja venceu á monarquía máis antiga do continente, iso dicimos nós, máis vello. O único país do mundo que pode ternos medo suficiente como para bautizarnos como O Brasil de Europa perdeu as súas esperanzas para ir a un campionato de seleccións por segunda vez consecutiva. Unha mágoa xa que ten un xeración brillante co ex do Feyenoord Jon Dahl Tomasson, Poulsen, Gronkjaer ou promesas como Agger ou Bendtner (non confundir co robot de Futurama).

A vitoria española pode ser considerado non só o maior fito histórico do noso deporte senón que pode entrar en museos e crónicas como a gran fazaña nacional. Como foi posible que sen o Maradona Madrileño puidesemos vencer a Dinamarca? Ese equipo cheo de medianías como Íker Casillas, Sergio Ramos, Cesc, Iniesta, Xavi… foi capaz de sobrepoñerse á súa carencia de líder e a través de futbolistas dun equipo humilde como Tamudo ou Riera gañaron con máis solvencia no marcador que no xogo.

Dinamarca, de camisola encarnada tamén, xogou mellor, tivo ocasións e o noso porteiro parou e os nosos atacantes marcaron. Unha historia xa contada debaixo dos Pirineos con outros protagonistas: Brasil, Arxentina, Francia, Italia… Ao final trátase de falta de espírito competitivo, calidade (a pesar de contar con bos xogadores) e, en contadas ocasións, árbitros e sorte.

E todo sen o Mesías

Haberá quen me chame vantaxista por dicir que se gañou ben sen Raúl. Tamén afirmo que o resultado podía ter sido o mesmo co superclase branco e incluso podía ter marcado como Tamudo (que de ter nacido en Madrid sería o equivalente ao seu tocaio) e que iso non tería cambiado nada. Aí apúntome, con reservas, á teoría de Aragonés. Raúl tivo moitas oportunidades para ter amosado a súa infinita calidade nunha competición dese tipo e o valor decisivo do seu xogo. E non foi así. Así que, aínda que podería ir pola falla de xogadores de referencia neste momento nese posto, non é mellor cós seus substitutos. E dá igual o que diga Tomás Roncero.

Ten efectos positivos a non presencia de Raúl? Para empezar non enrarece o ambiente da concentración (como no pasado Mundial), non condiciona ás alineacións e non distorsiona a realidade. Se Raúl fose como Raúl Tamudo sería o primeiro en pedir a súa presenza: non sobrado de calidade pero con oficio e cualidades, bravo, fai grupo, non se rinde… Son cualidades que quedan estragadas pola súa megalomanía.

Esta semana non hai fútbol
Parece unha obviedade pero esta semana non hai fútbol. O conto é que isto acontece sempre que xoga o equipo da Real Federación Española. Os amantes do balompé son incordiados por un equipo falto de emoción e experto en desencontros coa súa afección en eternas fases de clasificación que só valen para que en Islandia vexan xogar a Iniesta.

A depresión instálase nos futboleiros que son compensados cun pobre espectáculo entre a selección e, normalmente, un equipo de segunda fila. O encontro soe ter un guión previsible, pouca emoción e mal xogo. Nesta ocasión a selección xógase a súa clasificación, que ao final sabemos que conseguirá, para a Eurocopa, na que perderá antes de semifinais. Quizais en países como Inglaterra ou Francia sexa diferente pero dubídoo moito. O planeta futbolístico rota ao redor das súas ligas nacionais e estes paróns periódicos só causan baixón.

Os tesoureiros das federacións impide que haxa unha primeira e segunda división europea. Non hai rondas previas ou eliminatorias para clasificarse pensando na gran audiencia que teñen estes partidos. Porque que imos ver senón a selección o sábado? Para que tanta clasificación?