Posts escritos por Fournier Alan
Deportemos a Paul Gasol e aos seus secuaces
Antes da derrota con Croacia quedaba claro que a selección de baloncesto española non era española. Non polo feito de gañar un mundial (así o fixeran xa as de balonmán ou a de fútbol sala) ou por contar cun excelente e discreto seleccionador (remítome aos anteriores exemplos) senón porque:
*A estrela indiscutible da selección é o […]
La Vuelta en Santiago
Os deportes que máis xente moven son tamén aqueles que máis semellanzas gardan coa vida. Isto fai que ás veces a estética se vexa sacrificada no favor da crueza, sentimento co que se recobre a nosa existencia. O fútbol é un bo exemplo cos seus penaltis inxustos no último minuto. O deporte da bicicleta devora […]
Vidas cruzadas
Real Madrid e Barcelona parecen sofrer un cambio de identidade na súa identidade. Mentres que os brancos acostumaban a gañar de forma apurada, pouco ortodoxa e conseguindo resultados por riba do seu xogo os culés adoitaban a conseguir bos resultados pero que non plasmaban a diferencia real da súa superioridade. Isto semella que xa non […]
A fin do mercado de fichaxes
Agardemos que o final de temporada non sexa tan aburrido como o do período de incorporación de xogadores (estival). Moi poucas sorpresas e Baptista, Alves e Riquelme no seu sitio. Nin tan sequera as contrastadas informacións de As e Marca sobre a segura marcha de Ronaldinho, que sería substituído polo lateral dereito da Canarinha, se […]
Grupos da morte
Non hai grupos da morte nesta edición da Champions League a primeira vista. Quizais o máis difícil sexa o do Valencia que deparará enfrontamentos de moito músculo co Chelsea, Schalke e un inferior Rosenborg. Non semellan nada sinxelos tampouco os rivais do Barcelona pero cabe recordar que o Lyon está en horas baixas, o Stutgart […]
Que se pode dicir a estas alturas?
A cabeza levábame a facer unha reflexión crítica sobre a esaxerada repercusión da morte dun deportista no comezo da súa carreira e o corazón a poñer este vídeo. Despois de tanto abrazo entre béticos e sevillistas é mellor quedarse con isto.
Que será, será…?
Comeza a liga 2007-2008 traendo esa emoción que nos fai falta para superar a semana laboral e a Rajoy dicindo tonterías no telediario. Os Fournieur faremos en breve de pitonisos e vos ofreceremos as nosas prediccións para o vindeiro ano. Entrementres a análise da liga tráenos un derby madrileño marcado polas fichaxes cargadas de ambición […]
Superpredicible
A ida da Supercopa foi un partido, honrando ao seu nome, superpredecible. Ningún dos actores se saíu do seu rol nin parece ter trazas diso. O Sevilla volveu ser vertical, ordenado, tacticamente virtuoso e non perdeu a súa identidade de xogo. Luis Fabiano fíxoo todo ben salvo rematar, os centrais tiveron certas dúbidas, as bandas […]
O Spanish Freak de Benítez abre a temporada en Inglaterra
Deu comezo a Premier en TVE cun Aston Villa-Liverpool que ofreceu interesantes apuntamentos sobre o equipo máis español da Premier. O Liverpool segue a parecer unha máquina que sorbe o xenio e creatividade dos seus xogadores. A unión máis que dar a forza trae a infelicidade e xogo gris, táctico e desesperanzador que Benítez e […]
Da mesma madeira
Describiría a Hamilton como arrogante, egocéntrico, megalomaníaco, ultracompetitivo, infantil (como eses astros de balón chupóns e protestóns do patio do colexio) un individuo que descarga as culpas nos demais ou nos elementos á hora da derrota mentres que os méritos da victoría son exclusivos del. Un tipo despreciable, egoísta, nacido para un deporte individual (tenis?) […]


