Arquivos do sitio Sen clasificar

Podería Bernd Schuster pilotar un MacLaren?


Argumentos a favor:
A escadra MacLaren é angloxermana e sempre amosou preferencia polos pilotos desta nacionalidade e cun físico ario como Hakinen ou Raikonen. Requirimento cumprido.
Os pilotos de MacLaren sempre amosaron unha arrogancia na victoria fóra do común superando, incluso aos de Ferrari. Compararse co mellor tenista da historia e acto seguido ser arrollado polo Sevilla […]

Esta semana non hai fútbol


Parece unha obviedade pero esta semana non hai fútbol. O conto é que isto acontece sempre que xoga o equipo da Real Federación Española. Os amantes do balompé son incordiados por un equipo falto de emoción e experto en desencontros coa súa afección en eternas fases de clasificación que só valen para que en Islandia […]

Carta aberta a Fernando Alonso (II)


Ademais de todo o anterior, demostraches, con Pedro Martínez de la Rosa, as túas profundas conviccións democráticas e de confianza no poder xudicial, colaborando coa xustiza e entregándolle a Max Mosley toda a información sobre o dossier de Ferrari. Por colaborar coa xustiza e loitar contra o mal eres un mártir nos medios de Alemania […]

A fin do mercado de fichaxes


Agardemos que o final de temporada non sexa tan aburrido como o do período de incorporación de xogadores (estival). Moi poucas sorpresas e Baptista, Alves e Riquelme no seu sitio. Nin tan sequera as contrastadas informacións de As e Marca sobre a segura marcha de Ronaldinho, que sería substituído polo lateral dereito da Canarinha, se […]

Que se pode dicir a estas alturas?


A cabeza levábame a facer unha reflexión crítica sobre a esaxerada repercusión da morte dun deportista no comezo da súa carreira e o corazón a poñer este vídeo. Despois de tanto abrazo entre béticos e sevillistas é mellor quedarse con isto.

Killing Machine


Todas as nosas sospeitas foron confirmadas o pasado domingo no estadio Santiago Bernabéu. Este Sevilla é unha auténtica máquina de matar, sen sentimentos. E o máis incrible é o feito de que o Sevilla gañoulle ao Madrid sen xogar a un gran partido e con catro xogadores que o ano pasado eran titulares (Javi Navarro, […]

Superpredicible


A ida da Supercopa foi un partido, honrando ao seu nome, superpredecible. Ningún dos actores se saíu do seu rol nin parece ter trazas diso. O Sevilla volveu ser vertical, ordenado, tacticamente virtuoso e non perdeu a súa identidade de xogo. Luis Fabiano fíxoo todo ben salvo rematar, os centrais tiveron certas dúbidas, as bandas […]

Guti seguidor de Nietzsche


Pensaba que Calderón e Pedja eran homes de letras. Calderón por ser avogado e Pedja porque non o vexo capaz de facer unha integral e si de asinar autógrafos, ter sido unha estrela no seu día é a mellor academia. Sen embargo agora revélanse como xenios capaces de transformar as matemáticas tal como as entendemos. […]

Un equipo comprometido


Resulta difícil deixar fuxir a victoria de Irak na Copa de Asia. Non é a primeira fazaña deste equipo xa que acadaron as semifinais en Sidney tendo que xogar os partidos de clasificación como local en Xordania. Nun universo futbolístico tan fulano como este no que Motta pide irse coa carta da liberdade ou as […]

Ti a Memphis eu ao Barcelona


Marcha a Bomba Navarro a Estados Unidos sen medo ás duras medidas antiterroristas a compartir equipo co seu amado Pau. Os Grizzlies xa sinten o efecto positivo da súa chegada xa que Gasol fica no equipo sureño. Habería que reflexionar se os equipos de deporte profesional viven demasiado pendentes de compracer ás súas estrelas, aínda […]